Events
O xoves 9 de outubro, a Dra. Beatriz Piñeiro Lago (CEO de Economía Circular e líder da
Advanced Leadership Foundation) ofrecerá o seminario "Liderando o reto climático global:
o Servizo Galego de Saúde como campión climático", dentro do ciclo "CINBIO Seminar Programme".
Será ás 11:00h na Sala de seminarios de Torre CACTI.

ABSTRACT:
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) é líder mundial en sanidade sostible, pioneiro nunha estratexia de Economía Circular para acadar cero emisións netas en 2040. Recoñecido como Campión Europeo do Clima, céntrase na redución do impacto ambiental, o fomento da innovación e a formación de profesionais sanitarios. Mediante colaboracións e proxectos piloto, o SERGAS integra a sostenibilidade, aliñándose cos obxectivos climáticos globais e promovendo sistemas sanitarios resilientes e respectuosos co medio ambiente.
BIO:
A Dra. Mª Beatriz Piñeiro Lago, doutora e médica, está especializada en medicina preventiva, saúde pública e medicina familiar. Coordina a Estratexia de Economía Circular do Servizo Galego de Saúde e lidera iniciativas de sostenibilidade. Como CEO de Economía Circular e líder da Advanced Leadership Foundation, representa a España na European Union of Women.
Apasionada da natureza, estableceu a primera plantación de té de España, fusionando a sostenibilidade coa innovación na atención sanitaria e na agricultura.
