Events
O mércores 3 de xullo de 2024 a Dra. Mónica Cartelle Gestal (Assistant profesor of Microbiology and Immunology at the Louisiana State University Health Sciences Center) ofrecerá o seminario “Bacteria y eosinófilos, el lado oculto de los grandes desconocidos”, dentro do ciclo "CINBIO Seminar Programme".
Será ás 10:00h na Sala de Seminarios da Torre CACTI.
BIO:
A Dra. Mónica C Gestal é unha investigadora galega que obtivo a súa tese doutoral na Coruña, enfocada a estudiar mecanismos de resistencia a antibióticos das enterobacterias. Realizou unha estadia postdoutoral en Nottingham con bolsa da Fundación Barrie de la Maza e un contrato Marie-Curie, traballando nos mecanismos de quorum sensing, e en identificar compostos naturais contra axentes de virulencia. Posteriormente se trasladou á Universidade de Georgia (Athens).
Actualmente é Assistant profesor of Microbiology and Immunology at the Louisiana State University Health Sciences Center in Shreveport e líder da sección de “Host-Pahogen Biology” no Consejo de Ciencias Microbiológicas (COMS) da American Society for Microbiology. Como líder do grupo está intentando comprender os mecanismos moleculares polos que a bacteria Bordetella spp., o axente causal da tosferina, manipula as respostas inmunitarias do hóspede.
Recentemente acaba de publicar un traballo en Cell Reports titulado: Bordetella spp. block eosinophil recruitment to suppress the generation of early mucosal protection. Cell Rep. 2023 Oct 25;42(11):113294. doi: 10.1016/j.celrep.2023.113294