GL EN

Events

Falemos de ciencia en igualdade - 2024 04 October 2024 Sala de formación do Espazo INCUVI (Campus Universitario de Vigo)

Formación transversal

V edición da xornada FALEMOS DE CIENCIA EN IGUALDADE

O proxecto “Falemos de ciencia en igualdade” pretende desenvolver unha xornada na que se destaquen as bondades da comunicación e divulgación de ciencia: facendo especial fincapé no uso da perspectiva de xénero, a importancia de visibilizar a muller tanto como protagonista na ciencia como na investigación e fomentando a comunicación inclusiva dende a perspectiva de xénero. Trátase dunha formación transversal para deseñar estratexias de comunicación e divulgación das investigacións que teñan en conta a dimensión de sexo-xénero e a perspectiva de xénero.

OBXECTIVOS

  • Concienciar á comunidade investigadora e ao estudantado da importancia de facer divulgación e comunicación do traballo de investigación realizado.
  • Introducir a perspectiva de xénero na comunicación e na divulgación para promover a igualdade entre homes e mulleres.
  • Claves para presentar as investigacións de xeito atractivo e captar ao público.
  • Concienciar á comunidade científica feminina da especial importancia da súa divulgación para crear roles en ciencia para nenas e mozas adolescentes, futuras científicas.

Trátase dunha acción formativa desenvolvida e patrocinada no marco das axudas da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo para a organización de actividades que contribúan á sensibilización en materia de xénero e á transmisión de valores igualitarios na institución académica.

A actividade, recoñecida con créditos ECTS para o alumnado da Universidade de Vigo, é gratuita e está aberta a toda a comunidade universitaria así como á participación cidadana.

PROGRAMA 

9.00h Presentación 

MIGUEL CORREA, director do CINBIO.

ÁGUEDA GÓMEZ, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

9.30h - 10.30h – ROCÍO BENAVENTE, coordinadora editorial de Proxectos de Maldita.es

Como loitar contra a “fenda de papel”, o desequilibrio de xénero nas fontes xornalísticas: o caso das Superpoderosas.

As mulleres son con menos frecuencia citadas como expertas na prensa que os homes, algo que desde Maldita intentan remediar cun proxecto específico orientado a aumentar o número de expertas nos nosos contidos e na prensa en xeral.

10.30h - 11.30h – ELENA LÁZARO, xornalista científica e directora da Unidade de Cultura Científica da Universidad de Córdoba.

"Casos e accións de éxito na comunicación inclusiva da ciencia. Análise de casos dende o ámbito de xénero e situación sociocultural".

A única comunicación verdadeiramente social da ciencia é a que se realiza desde unha perspectiva inclusiva. A atención á diversidade de xéneros, identidades, capacidades e realidades socioculturais resulta imprescindible para deseñar unha estratexia de transferencia social do coñecemento eficaz. Repasaremos as estratexias máis adecuadas neste sentido, acudindo a casos de éxito do sistema estatal de I+D+i.

11.30h - 12.30h – ZOE SEOANE, presidenta da asociación "No more Matildas" e ceo da empresa de I+D de "new wearalbles" Zoetech.

"Percepción, xénero e ciencia: o efecto Matilda".

A percepción humana componse a través de nesgos que filtran e transforman a realidade coa que conformamos a nosa idea do mundo e a nosa identidade. Ao longo da historia, os nesgos de xénero invisibilizaron as contribucións femininas na ciencia, perpetuando estereotipos e limitando o seu progreso, revisaremos como podemos ir vencendo estas limitacións na nosa percepción co fin de eliminar barreiras de entrada e crear unha ciencia máis xusta e inclusiva.

Por definir

12.30h - 13.00h Pausa café

13.00h – 13:20h MARTA TRILLO DOMÍNGUEZ, divulgadora científica

Monólogo científico "Paciencia na ciencia"

A ciencia atópase en todas as facetas da nosa vida: desde por que os doutorandos precisamos tres cafés diarios ata como o ibuprofeno sabe que teño resaca e que ten que ir ao cerebro. Porén, os micromachismos (ou directamente machismos) non se quedan atrás. Neste monólogo relátase en clave de humor (por non chorar) o día a día das mulleres na investigación e na divulgación científica, desde o aspecto máis persoal ata transcender á sociedade. Porque si, a ciencia e a comedia son tan compatibles como un home e o mansplaining.

13.20h COLOQUIO - Situación da muller na ciencia desde a perspectiva de xénero e experiencias persoais

Participan: ROCÍO BENAVENTE, ELENA LÁZARO e ZOE SEOANE.

Modera: VERÓNICA SALGUEIRIÑO, líder do grupo de Nanomateriais Híbridos e membro do Comité de RRI, Igualdade e non discriminación do CINBIO.

 

DATA: Venres 4 de outubro de 2024

LUGAR: Sala de formación do Espazo INCUVI (Campus Universitario de Vigo)

Inscríbete non seguinte formulario:

Formulario de asistencia




A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artgo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de proteción de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade de CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquer momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos sus datos. Máis información en: https://www.uvigo.gal/universidade/informacion-institucional/proteccion-datos-0