GL EN
Twitter bSky

Events

Foro de políticas públicas para a innovación e o emprendemento 24 October 2025 Sala do edificio CITEXVI

Formación transversal

O venres 24 de outubro de 2025 celebraremos o “Foro de políticas públicas para a innovación e o emprendemento”, organizado pola Unidade de Transferencia e Innovación do CINBIO. Terá lugar na Sala do edificio CITEXVI, no campus universtario de Vigo.

Este foro servirá como punto de encontro entre persoal representante de GAIN, responsables políticos, expertos/as en políticas públicas, persoal investigador, emprendedores/as e empresas co obxectivo de discutir e propoñer melloras nas políticas de apoio ao emprendemento e a innovación.

Un evento que forma parte do programa EMPREN+AP, unha iniciativa promovida polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Univesidade de Vigo, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) en colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e a Oficina Nacional de Asesoramiento Científico (ONAC), que busca fomentar a cultura da innovación no ámbito académico en colaboración coa administración pública. 

PROGRAMA

VENRES – 24 DE OUTUBRO

09:00 h. Recepción das persoas asistentes.

09:30 h. Apertura e presentación do Foro.

  • Miguel Correa. Director do CINBIO. Universidade de Vigo.

  • Xosé María Mahou Lago. Vicedecano da Facultade de Dirección e Xestión Pública. Universidade de Vigo

09:45 h. Conferencia inaugural: O papel das políticas públicas no fomento do emprendemento. 

  • Ángeles López Lozano. Directora técnica da Oficina de I+D, Universidade de Vigo.

10:15 h. Sesión 1: Presentación de casos de éxito en políticas de innovación e emprendemento.

  • Juan Luis Romera Santiago. Técnico do departamento de Promoción Institucional e Cooperación Territorial do CDTI Innovación.

10:45 h. Sesión 2: Presentación de programas de apoio para poñer en valor, apoiar e financiar o desenvolvemento de aplicacións comerciais das investigacións xeradas nos centros de coñecemento galegos en forma de spin-off ou acordos de licenza.

  • Raúl Rodríguez Couto. Área de Servicios de GAIN.

11:15 h. Turno de preguntas

  • Modera: Noa Caramés. Unidade de Xestión do CINBIO.

11:30 h. Break

12:00 h. Sesión 3: Desafíos actuais no apoio ao emprendemento e a innovación.

  • Miguel Correa. Director do CINBIO. Cofundador de Nanofaber
  • Abi Judit Vázquez. Cofundadora e COO de Diversa Technologies
  • Luis Pérez Freire. Director Xeral de Gradiant
  • Modera: José Jato. Técnico superior da Oficina de I+D, Universidade de Vigo
    (Inclúe turno de preguntas)

13:00 h. Taller: Elaboración de propostas concretas para mellorar as políticas de apoio.

  • Dinamiza: pëtri

14:00 h. Presentación das propostas e debate participativo.

14:30 h. Comida networking.

16:30 h. Visita para invitado/as institucionais ás instalacións do CINBIO.

19:00 h. Clausura.

Para asistir é necesario inscribirse previamente a través do seguinte formulario.

En todo caso, calquera dúbida será atendida en cinbio.tech.transfer@uvigo.gal

Grazas.

Formulario EMPREN+AP

Datos



A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artgo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de proteción de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade de CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquer momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos sus datos. Máis información en: https://www.uvigo.gal/universidade/informacion-institucional/proteccion-datos-0