Events
Dentro das necesidades formativas, desde o CINBIO traballamos en facilitar as ferramentas necesarias para que o noso persoal poida desenvolver o seu traballo de investigación coas mellores capacidades.
Por iso, o próximo 13 de novembro organizamos un curso online sobre bioestatística básica, no que se tratarán conceptos clave e esenciais na bioestatística. A formación será impartida por María P. Pata, directora técnico-científica e responsable da área de asesoramento, formación e I+D+i.
Na seguinte imaxe tes información desglosada sobre os temas a tratar no curso: