GL EN

Events

Presentación do programa de voluntariado da AECC - Carmen García Hijano 30 January 2025 Sala de seminarios de Torre CACTI

O xoves 30 de xaneiro de 2025, Carmen García Hijano, psicóloga e coordinadora do voluntariado de ciencia da Asociación Española contra el Cáncer en Pontevedra, visitará o CINBIO para realizar unha presentación do programa de voluntariado da AECC "Ciencia para todos".

Será ás 11:00 horas na sala de seminarios de Torre CACTI.

"Ciencia para todos", é un tipo de programa de voluntariado enfocado a persoas de carreiras relacionadas coa investigación biosanitaria que queren dar algo do seu tempo libre a divulgar ciencia ou crear vocación científica na xuventude.

A Fundación Científica de la Asociación Española contra el Cáncer leva máis de 50 anos sendo motor da investigación en cancro en España.

Co seu apoio, máis de 2.300 investigadores en España traballan cada día para contribuir ao obxectivo de superar o 70% de supervivencia en cancro e mellorar a calidade de vida das persoas.

Desde a Asociación Española Contra el Cáncer puxeron en marcha en 2019 o programa de "Ciencia para Todos" para achegar a investigación en cancro á sociedade a través do noso voluntariado.