Events
O xoves 10 de outubro ás 11:00 horas, Marina Peña Penabad, responsable do servizo de bioexperimentación do CINBIO, impartirá o seminario Introdución á cultura da bioseguridade.
A formación será presencial na sala de seminarios da Torre CACTI.
Resumo do contido do seminario:
A cultura de la bioseguridade é o conxunto de crenzas, actitudes, e modelos de comportamento que poden apoiar, complementar ou mellorar os procedementos operativos, normas e prácticas deseñados para previr a perda, roubo, mal uso e dispersión dos axentes biolóxicos e a exposición aos mesmos.
Establecer unha correcta cultura da bioseguridade no noso centro é moi importante para preservar adecuadamente a saúde dos traballadores, doutros seres humanos, dos animais e do medio ambiente, dentro do máis puro enfoque One Health. Trátase de establecer pautas para cambiar a mentalidade das personas en cuanto á aplicación dun criterio responsable no traballo que se realiza con axentes biolóxicos aillados ou con mostras biolóxicas.
A formación e información de todos os traballadores que manipulan axentes biolóxicos e/ou organismos modificados xeneticamente, ben de maneira deliberada como non deliberada, é básica para a xestión do risco biolóxico en laboratorios e animalarios. Este seminario permitirá ao personal adquirir coñecementos básicos sobre avaliación, prevención e xestión dos riscos biolóxicos, procedementos de traballo, normas de uso e mantemento de barreiras de bioseguridade, comunicación ao Comité de Xestión de Riscos Biolóxicos e envío de notificacións ás autoridades competentes cando isto sexa preciso.