GL EN

Events

VI XORNADA BIOINTEGRASAUDE 2018 13 April 2018

VI XORNADA DE INVESTIGACIÓN BIOINTEGRASAÚDE 2018

O próximo 29 de maio vaise a celebrar a sexta xornada de ámbito galego, BioIntegraSaúde 2018, co-organizada polo tres institutos: IISGS, INIBIC e IDIS.

Este ano o evento celebrarase no Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo e estará aberto a todos os axentes galegos da xeración e transferencia de coñecemento no campo da saúde, que se espera participen activamente presentando as súas liñas e resultados de investigación.

 

Nesta edición teremos a participación dun relator de gran prestixio, o Dr. Ignacio Martínez Mendizábal (Profesor Titular de Universidade Área de Antropoloxía Física, Dpto. de Ciencias da Vida Universidade de Alcalá) Premio Príncipe de Asturias 1997 polos seus achados sobre a evolución do home nos xacementos de Atapuerca e a conferencia inaugural estará a cargo de Dª. Beatriz Allegue Requeijo (Xerente dá Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde da Consellería de Sanidade – ACIS).

O prazo de presentación de comunicacións finaliza ás 24 horas do día 1 de maio.

NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS.

A inscrición é gratuíta e o prazo permanecerá aberto ata o 21 de maio. Para inscribirse, é obrigatorio cumprimentar o formulario en liña.