GL EN

Events

Xornada "Emprendendo con perspectiva de xénero" 26 October 2023 Edificio Miralles. Campus Universitario. Vigo.

Formación transversal

O 26 de outubro de 2023 en horario de 9.00h a 15.00h celebraremos a xornadaEmprendendo con perspectiva de xénero”, organizado polo CINBIO. Terá lugar na Sala 1 do Edificio Miralles do Campus de Vigo.

Este evento pretende ser unha xornada de reflexión sobre a necesidade de contar con ecosistemas innovadores máis inclusivos e diversos, para lograr así unha representación equilibrada de xénero na ciencia e na transferencia de tecnoloxía, onde todos os axentes que participen nel poidan contribuír plenamente e beneficiarse dos seus resultados.

Os obxectivos deste obradoiro son os seguintes:

  • Promover a cultura innovadora e o emprendemento no ámbito universitario
  • Fomentar a igualdade de xénero e os valores igualitarios en modelos de emprendemento e transferencia de tecnoloxía
  • Proporcionar información sobre financiación e recursos en materia de innovación

A actividade, recoñecida con créditos ECTS para o alumnado da Universidade de Vigo, é gratuita e está aberta a toda a comunidade universitaria así como á participación cidadana.

Esta acción desenvólvese no marco das axudas para a organización de actividades que contribúen á sensibilización en materia de xénero e á trasmisión de valores igualitarios impulsadas pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

PROGRAMA

9:00-9:15 Presentación da xornada a cargo de autoridades invitadas: Diana Valverde, Subdirectora do CINBIO.

9:15-11:15 Xeración e promoción do emprendemento. Necesidades existentes e impacto da fenda de xénero.

Relatoras: Eva López, Responsable do programa Woman Emprende da Universidade de Santiago de Compostela (USC); Gisela Garcia-Alvarez, Xerente do Clúster Saúde de Galicia (CSG) e María José Rodríguez Malmierca, Responsable de e-learning no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Modera: Ángeles López Lozano, Directora Técnica da Oficina de I+D da UVigo.

11:15-11:30 Pausa café

11:30-13:30 Novos modelos empresariais. Sensibilizar sobre diferentes estilos directivos e de liderazgo, diferentes maneiras de levar a cabo a acción comercial e sobre a incursión en novos nichos de mercado.

Relatoras: Carmen López Pérez, Responsable de I+D+i en Balidea; Claudia Fernández Mariña, Xestora de proxectos de I+D+i en Hifas da Terra e María Josefa Calvo Tarrío, administradora xerente de Arenaria Coordinación e  Directora da escola de tempo libre Arenaria.

Modera: María de los Ángeles Peña Gallego, Profesora do Departamento de Química Física e Decana da Facultade de Química da Universidade de Vigo. 

13:30-15:00 Casos de éxito de emprendedoras. Emprendedoras de éxito de diferentes sectores contan a súa experiencia.

Relatoras: Silvana Crisóstomo Besada, cofundadora de Ideas Peregrinas; Mercedes Toscano Varela, cofundadora de Mininolas e Iria Varela Campo, CEO e cofundadora de ODS Protein.

Modera: Maruxa Álvarez Jiménez, Directora da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade da UVigo.

15:00 Aperitivo-networking.

Para favorecer a interacción e a conversación entre emprendedores/as, relatores e o público asistente ao final da xornada propónse unha sesión de aperitivo a modo networking.

Para asistir é necesario inscribirse no seguinte formulario:

Error loading Partial View script (file: ~/Views/MacroPartials/InsertUmbracoFormWithTheme.cshtml)