Events
A xornada “Fake news de xénero na ciencia: como detectar e verificar a desinformación”, que terá lugar o venres 17 de outubro, pretende abordar o impacto da desinformación no ámbito científico desde unha perspectiva de xénero, analizando como os bulos e narrativas falsas contribúen a perpetuar estereotipos, reducir a visibilidade das mulleres e debilitar a confianza pública na ciencia.
A actividade combina contido teórico e práctico para ofrecer ferramentas de verificación de datos, fomentar o pensamento crítico e impulsar unha comunicación científica máis igualitaria e rigorosa.
Esta iniciativa enmárcase nas accións do CINBIO e da Universidade de Vigo para promover a igualdade na ciencia e reforzar o seu compromiso coa visibilización das mulleres investigadoras, a alfabetización mediática e a loita contra os discursos desinformativos que perpetúan a desigualdade. Unha acción formativa desenvolvida e patrocinada no marco das axudas da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo para a organización de actividades que contribúan á sensibilización en materia de xénero e á transmisión de valores igualitarios na institución académica.

PROGRAMA
9:00h | Apertura da xornada
Benvida institucional e presentación da xornada a cargo de:
- Belén Rubio Armesto, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo.
- Yolanda Rodríguez Castro, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
- Miguel Ángel Correa Duarte, director do CINBIO.
9:15h | Bloque 1: A desinformación de xénero na ciencia
- Ponencia marco: Bulos e narrativas desinformadoras de xénero: como identificalos e evitar que se viralicen. Análise das tipoloxías e motivacións da desinformación e dos bulos que afectan ás
mulleres e ao ámbito científico. - Caso práctico: Análise de bulos e narrativas que afectan ás mulleres
- Vivian Rangel, xornalista especializada en Alfabetización Mediática en Maldita Educa.
- Debate aberto: Reflexión e posta en común co público sobre os efectos da desinformación no ámbito científico.
- Dinamización: Lorena Blach, da unidade de xestión do CINBIO.
11:15h | Pausa café e networking
11:30h | Bloque 2: Ferramentas de verificación de datos e estratexias contra as fake news
- Sesión práctica: Fact-checking e verificación da información. Desmontando bulos
desde o papel ata as aulas.
Revisión da evolución das ferramentas de verificación e do seu uso nos medios,
redes e contornos educativos. - Exercicio interactivo: Aplicación práctica das ferramentas a casos reais de
desinformación con sesgo de xénero.- Erika Conde Vázquez, investigadora e docente no ámbito da comunicación, con experiencia en desinformación, comunicación política e medios dixitais.
- Mesa redonda: Conversa con persoas expertas en comunicación científica, igualdade e verificación de datos sobre os desafíos e boas prácticas para combater a desinformación.
- Alberto Dafonte Gómez, doutor en Comunicación Audiovisual e Publicidade, e Profesor Titular na Universidade de Vigo.
- María Lameiras, doutora en Psicoloxía e profesora da Universidade de Vigo.
- Verónica Salgueiriño, investigadora principal do grupo de Nanomateriais Híbridos e membro do Comité de RRI, Igualdade e non discriminación do CINBIO.
- Elena Martín, realizadora audiovisual, xornalista e tradutora. Integrante da cooperativa Xarda e colaboradora en medios como O Salto Galiza, GCiencia ou Pikara Magazine.
- Quenda de preguntas e intervencións do público
14:45h | Conclusións e peche da xornada
- María Quintiana Pérez, directora xeral de Promoción da Igualdade e presidenta da
Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.
15:00h | Aperitivo-networking
#HR #SomosCIGUS #FondosEuropeos

DATA: Venres 17 de outubro de 2025
LUGAR: Sala de formación do Espazo INCUVI (Campus Universitario de Vigo)
Para asistir será necesario inscribirse previamente a través do seguinte formulario: