GL EN

News

12 February 2021#11F2021 - Día da Muller e da Nena na Ciencia

O pasado 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, unha celebración que trata de visibilizar a desigualdade aínda existente nas titulacións STEAM. Co obxectivo de espertar estas vocacións científicas e técnicas nas nenas, desde a Universidade de Vigo realizáronse varias actividades como Elas Fan Cien Tec, Exxperimenta en Feminino ou diversas charlas divulgativas. A pesar das dificultades de ter que realizar as actividades de maneira online por mor da pandemia actual, foron varias as investigadoras do CINBIO que participaron nestas iniciativas. 

Esta celebración non se quedou só na Universidade, senón que diferentes medios tamén fixéronse eco desta data resaltando o traballo dalgunhas investigadoras do noso centro. 

A continuación, tes unha serie de ligazóns dos diferentes espazos dedicados ao Día da Muller e da Nena na Ciencia en relación coas nosas investigadoras:

- Artigo do DUVI presentando as actividades do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

- Artigo do DUVI sobre a realización dos diferentes talleres virtuais

- Artigo de Diario de Pontevedra sobre Beatriz Rivas, Lucía Guillade e Andrea Mariño

- Reportaxe de Faro de Vigo sobre varias investigadoras (África González)

- Reportaxe de La Voz de Galicia sobre varias investigadoras (África González)

- Programa especial Radio Voz sobre o 11F (África González)

- Entrevista de InvestiGal a dúas investigadoras polo 11F (África González)