GL EN

News

22 April 20221ª Reunión Anual Biocellphe

O 21 e 22 de abril de 2022 celebrouse no Hotel Ciudad de Vigo a 1ª Reunión Anual do proxecto Biocellphe.

Este proxecto europeo céntrase na detección de marcadores tumorais a nivel unicelular empregando bacterias e nanopartículas de ouro. Nel participan diferentes grupos procedentes de Italia, Francia, Portugal e España. Ademais, está coordinado por Isabel Pastoriza do FunNanoBio.

Na reunión, os grupos membros do consorcio presentaron os avances obtidos nos diferentes paquetes de traballo (WP) e planificaron as próximas tarefas a presentar.

Aquí tes as novas dos diferentes medios:

- Artigo do DUVI

- Artigo de La Región

- Artigo de El Español

- Artigo de Metropolitano

- Artigo de Atlántico Diario

- Artigo de GaliciaPress

- Artigo de Cadena SER