News
O martes 22 celebrouse unha mesa sobre nanomaterais dentro do ciclo "A Galicia que funciona", organizada pola Universidade de Vigo e Faro de Vigo. Nela participaron Isabel Pastoriza (FunNanoBio) e Verónica Salgueiriño (Materiais Magnéticos) do #teamCINBIO, ademais de Alberto Tielas do CTAG. Participou como moderador o noso director Miguel Correa, pertencente ao TeamNanoTech.
Todos os compoñentes da mesa compartiron opinións sobre os antecedentes e o estado actual da investigación e aplicación de nanomateriais. Neste artigo do Faro de Vigo podes ler unha crónica completa da charla e proximamente colgaremos tamén o vídeo completo da mesa redonda.
Deixámosvos aquí algunhas fotos do evento e podes ver a mesa completa neste vídeo.