News
Vigo converteuse durante tres días no epicentro mundial do coñecemento en nanociencia grazas á celebración no campus de Vigo da segunda edición de The Thinking Institute, un encontro científico impulsado polo catedrático Luis Liz Marzán co apoio do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, que brindou ao persoal investigador asistente unha oportunidade única de interactuar de preto cos mellores especialistas en nanociencia a nivel mundial.
Luis Liz Marzán, o reitor da UVigo e o director do CINBO no acto de inauguración
Desde o mércores 7 e ata o venres 9 de xuño, a sala 1 do edificio Miralles do campus de Vigo acolleu este evento que acadou unha media de 70 investigadoras e investigadores asistentes, procedentes de diferentes puntos da península.
Doce expertas e expertos de diferentes lugares do mundo, como Michigan, Illinois, Amberes ou Laussanne, conformaban o panel de relatores, entre os que tamén estaba o químico Nicholas Kotov, que este mesmo luns será investido doutor honoris causa da Universidade, proposto polos investigadores Luis Liz Marzán e Miguel Correa Duarte, director do CINBIO, cos que colabora profesionalmente desde hai máis de 25 anos.
Xunto a Kotov completaron o cadro de relatores Catherine J.Murphy (University of Illinois); Maurizio Prato (CIC biomaGUNE e Universidade de Trieste); Mónica Olvera de la Cruz (Northwestern University); Sara Bals (Universiteit Antwerpen); Joerg Lahann (University of Michigan); Francesco Stellacci (Ecole Polytechnique Fédérale de Lausanne); Michael Bedzyk (Northwestern University); Sara Núñez-Sánchez (Universidade do Minho); o propio Luis Liz Marzán e outros investigadores do CINBIO, como Lakshminarayana Polavarapu (grupo de Física e Química de Materiais) e Margarita Vázquez González (TeamNanoTech).
Catherine Murphy - “Digging in the dirt: Organic ligands on gold nanocrystal surfaces”
Sara Núñez-Sánchez - “Exploring new horizons in all-organic photonics inspired by quantum biology”
Maurizio Prato - “Quantasome Nanoparticles for Artificial Photosynthesis”
Nicholas Kotov - "Chirality Continuum in Nanostructures"
Sara Bals - “Pushing the boundaries of electron tomography: a rollercoaster ride with a twist in the end”
Lakshminarayana Polavarapu
“Colloidal Lead Halide Perovskite Nanocrystals: Emerging Semiconductor Light Sources”
Francesco Stellacci - “Natural Nanoparticles”
Michael Bedzyk - “X-ray atomic-scale structure and chemistry of supported nanostructures”
Mónica Olvera de la Cruz - “Functional Nanoparticles”
Margarita Vázquez González - "Catalysis in confined environments"
Luis Liz-Marzán - “Exploring cell behavior in complex model systems through nanoplasmonics”
Para máis información, pódese consultar as seguintes novas recollidas en diferentes medios: