GL EN

News

20 October 2023A investigadora do CINBIO África González recibe a medalla de honor do ICCT

A líder do grupo de Inmunoloxía do CINBIO e catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo África González recibiu este xoves a medalla que a acredita como Membro de Honra Distinguido do Instituto, Cultura, Ciencia e Tecnoloxía do ano 2023, na área de divulgación científica (ámbito biomédico).

Nun acto celebrado en Afundación, en Vigo, a investigadora do CINBIO recibiu esta distinción da man de José Luis Vázquez, presidente do ICCT, institución que pretende recoñecer a súa traxectoria como investigadora, ademais da súa labor a prol da divulgación científica no eido da inmunoloxía, ofrecendo información durante a pandemia da covid-19.

Tras recoller o premio, África González impartiu unha conferencia baixo o título "Sistema inmunitario: coñece e mellora as túas defensas".

Fonte: DUVI

Esta nova foi publicada en varios medios de comunicación: