News
O pasado venres 2 de decembro a investigadora Lorena Vázquez Iglesias, do Grupo de NanoBioMateriais Funcionais, visitou o Colexio María Inmaculada (Carmelitas) de Vigo.
Lorena tivo a oportunidade de compartir unha mañá diferente co alumnado de 1º de primaria deste centro educativo vigués, sendo un total de 31 as cativas e os cativos que puideron aprender e satisfacer a súa curiosidade científica coa súa charla titulada “Arcos da vella metálicos e outras cousas pequerrechas”.
Desde o centro de investigacións CINBIO apoiamos este tipo de actividades, que pretenden espertar as vocacións científicas da rapazada da nosa contorna.
Agardamos que fose unha experiencia moi interesante!