News
A Secretaria General de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, Eva Ortega-Paíno, visitou este mércores o CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo.
Tras unha breve presentación do centro e unha xuntanza con membros da directiva, a Secretaria General de Investigación, xunto ao Xefe do Gabinete Técnico da Secretaría General de Investigación, Fernando Escobar, fixeron un percorrido polos diferentes laboratorios deste centro de investigación, no que, acompañados do director do CINBIO Miguel Correa, tiveron a oportunidade de coñecer de preto o traballo desenvolvido por grupos como o de Química Orgánica (ORCHID), o de NanoBioMateriais Funcionais (FunNanoBio), TeamNanoTech, o grupo de Nanomateriais Híbridos, Inmunoloxía ou Neurocircuits.
"Estamos moi agradecidos por esta visita que nos permitiu amosar tanto o enorme potencial como as necesidades dun centro de investigación como o noso", comentou o director do CINBIO Miguel Correa.