GL EN

News

25 May 2018Ana Igea coautora Cancer Cell nova terapia no cancro de mama

A revista Cancer Cell publicou onte un artigo: Targeting p38α Increases DNA Damage, Chromosome Instability, and the Anti-tumoral Response to Taxanes in Breast Cancer Cellsonde Ana Igea é coautora nun traballo desenvolvido no IRB, en Barcelona. Actualmente é investigadora do CINBIO, no grupo de Inmunoloxía. A importancia deste traballo foi salientada na prensa nacional, internacional e rtve.

Existen tres grandes tipos de cancro de mama, dos que o triple negativo é o que ten peor prognóstico. Mentres que os outros dous se poden tratar mediante terapias específicas menos agresivas, a única opción coñecida ata agora para o triple negativo, que concentra un 15% dos casos, é a quimioterapia.

A proteína p38, que “actúa coma un salvavidas para as células tumorais, evitando a acumulación excesiva de mutacións no seu ADN que as levaría á morte”, e probáronse fármacos inhibidores da proteína, para bloquear a súa función e provocar a acumulacion de mutacións e erros no seu ADN e, en consecuencia, a morte destas células malignas. “Estes inhibidores da p38 xa están aprobados actualmente para o uso en pacientes afectados por outras enfermidades, polo que xa sabemos que o seu uso é seguro”, e pódese adiantar o seu uso terapeútico combinado con taxanos, que é la quimioterapia que se veñe aplicando arestora, e que la mellora.

“Ahora esperamos conseguir que a industria farmacéutica se interese por levar a cabo ensaios clínicos para comprobar a eficacia en pacientes”.

No Centro Singular da Universidade de Vigo, Igea está a poñer en marcha a súa propia liña de investigación, combinando os seus coñecementos en bioloxía molecular e cancro cos do Grupo de Inmunoloxía do CINBIO. O primeiro proxecto, liderado por África González, desta nova liña, ten como obxectivo modular o sistema inmune no cancro de páncreas.

Outras fontes de información:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ciencia/2018/05/25/guardaespaldas-cancer-mama/0003_201805G25P27993.htm

https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/achega-viguesa-publicacion-bases-dunha-nova-terapia-cancro-mama-mais-agresivo

https://elpais.com/elpais/2018/05/23/ciencia/1527099605_014981.html

http://www.rtve.es/noticias/20180524/celulas-tumorales-evitan-muerte-traves-reparacion-in-extremis-del-adn-segun-estudio-espanol/1739260.shtml

https://www.eurekalert.org/pub_releases/2018-05/ifri-tce052318.php