GL EN

News

Benvida á primeira promoción de early researchers do CINBIO
24 June 2020

Benvida á primeira promoción de early researchers do CINBIO

Neste período, O CINBIO foi acreditado como Centro Singular de Investigación dentro das axudas para acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia. Grazas a esta axuda cofinanciada polos fondos FEDER puidéronse realizar unha serie de novas incorporacións que constitúen a primeira promoción de early researchers ou novos investigadores/as do CINBIO.

Tendo en conta QUE un dos nosos obxectivos principais do noso centro é multiplicar o retorno á sociedade en forma de profesionais e de transferencia do coñecemento científico, a decisión do CINBIO de inverter parte destas axudas na captación de capital humano xustifícase para asegurar o futuro das nosas investigacións, sempre co fin último de mellorar a sociedade.

Deste xeito, a maioiría destes novos investigadores e investigadoras son estudantes que se incorporan aos diferentes grupos do centro. En consonancia co noso espírito de internacionalización, non só hai novos membros de Galicia, senón que tamén contamos con xente chegada doutros países da Unión Europea como por exemplo Italia ou Polonia.

Así, os novos membros do CINBIO son Pilar Gallego García, Carlos López Solarat, Belén Arjones Fernández, Paula Piñeiro Varela, Óscar Iglesias Menduiña, Julia Majcherkiewicz, Marta Pita Fernández, Immacolata Maietta e Javier Freire González. Os grupos aos que pertencen son respectivamente Filoxenómica, Enfermidades Raras, TeamNanoTech, Química Coloidal, Química orgánica, Materiais Magnéticos, Física Aplicada e Inmunoloxía, sendo este último grupo o único que conta con dúas novas incorporacións.

Estes novos talentos conseguiron a súa praza nunha dura competición na que se premiaron tanto os esforzos observados a raíz da traxectoria profesional e os méritos académicos de cada un deles como tamén outras calidades que se consideran esenciais para o campo da investigación: unha grande motivación, proactividade, atención ao detalle e habilidade de traballar en equipo.

Por último, só nos queda darlles a benvida na espera de que a súa etapa no CINBIO sexa satisfactoria e productiva, e que por riba de todo lles axude a medrar no seu prometedor futuro profesional como investigadoras e investigadores.