GL EN

News

30 June 2023CINBIO, novo membro da Plataforma SusChem-España

Desde este mes de xuño o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) xa forma parte da Plataforma SusChem-España, creada no ano 2005 como Plataforma Tecnológica y de Innovación de Química Sostenible, liderada pola industria, e que conta coa participación de todos os axentes do sistema ciencia, tecnoloxía e innovación, para fomentar a cooperación e o intercambio de coñecemento no ámbito da Química Sostible.
Para un centro de investigación como o CINBIO é un orgullo compartir espazo co resto de entidades socias desta plataforma, unha gran oportunidade para executar accións innovadoras e competitivas de xeito colaborativo, buscando a resolución dos retos da nosa sociedade actual e futura.