GL EN

News

01 August 2023CINBIO, organización de apoio na comunidade de Procure4Health

Desde este mes de xullo o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) xa forma parte da comunidade de Procure4Health como organización de apoio.
Procure4Health é unha comunidade que fomenta a adopción de accións innovadoras en toda Europa no ámbito da saúde. Os seus 33 socios fundadores promoven de maneira activa a innovación a través do intercambio de coñecementos e o desenvolvemento de capacidades; a creación de redes; a identificación de necesidades comúns e o lanzamento de accións conxuntas para abordalas.
O CINBIO, co seu rol de organización de apoio, ten a posibilidade de asesorar, prestar servizos tecnolóxicos para o desenvolvemento de innovacións no ámbito da saúde e formar parte dos grupos de traballo da comunidade para participar en futuras actividades de consulta de mercado.
Para un centro de investigación como o noso é unha gran oportunidade que afrontamos con ilusión.