News
Esta semana o persoal investigador do CINBIO continuou coas visitas a centros educativos da nosa contorna para impartir charlas divulgativas co fin de espertar a curiosidade e a vocación científica do alumnado de ensino medio.
Nesta ocasión, o investigador e líder do grupo de Evolución Molecular Computacional do CINBIO, Miguel Arenas, visitou ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e do Ciclo Medio de Farmacia e Parafarmacia do IES Chapela, en Redondela. O noso compañeiro impartiu unha charla que, baixo o título "Reconstruíndo biomoléculas ancestrais considerando a xenética evolutiva", estaba centrada na evolución molecular, reconstrución de biomoléculas ancestrais e as aplicacións de estas biomoléculas á industria e á biomedicina. Foron un total de 75 alumnos e alumnas as que puideron asistir a esta interesante actividade.
Pola súa banda, o investigador Daniel García Lojo, do grupo de NanoBioMateriais Funcionais, achegouse ata o IES Santo Tomé de Freixeiro, en Vigo, para ofrecer a súa charla divulgativa "Materiais á nanoescala" ao alumnado de 2º de Bacharelato.
Agardamos que fose unha experiencia moi interesante para o estudantado participante!