News
Os Premios Bioga, convocados polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias de Vida (Bioga), celebran este mes a súa XI edición como premios autonómicos que recoñecen a consolidación empresarial, o talento e a innovación no sector biotech, incentivando a labor de empresas innovadoras neste ámbito e promovendo a xeración de novas iniciativas. Un recoñecemento apoiado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), e no que nesta ocasión un total de 18 proxectos e empresas biotech de Galicia compiten repartidas en tres categorías: Bioempresa Innovadora, Bioempresa Xove e Bioidea Empresarial. Precisamente nesta última categoría é na que están como candidatos dous proxectos promovidos pola investigadora principal do grupo CellCOM do CINBIO, María Mayán, quen comenta que os Premios Bioga son un gran recoñecemento no entorno da innovación, subliñando que poden ser de axuda para “despertar o interese de empresas que poidan estar interesadas en transferir ambas tecnoloxías co obxectivo de desenvolver terapias innovadoras en envellecemento e cancro”.
O cancro de mama e a osteoartrite como foco de bioidea empresarial
O grupo de investigación CellCOM, liderado pola investigadora María Mayán desde o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), investiga un potencial tratamento do cancro de mama triple negativo a través dunhas nanovesículas que restablezan niveis dunha proteína implicada en comunicación celular. O cancro de mama triple negativo (CMTN), caracterizado pola súa agresividade e mal pronóstico, é o foco deste equipo investigador que identificou unha nova diana que participa na sinapsis inmunitaria, restaurando a resposta inmune antitumoral.
O segundo proxecto de CellCOM candidato aos Premios Bioga busca tratar a osteoartrite a través dun mecanismo molecular baseado nunha conexina con actividade senoterapuetica. A osteoartrite é a forma de artrite máis prevalente en todo o mundo, que afecta sobre todo a poboación de idade avanzada, afectando considerablemente á súa calidade de vida, causando dor e mobilidade reducida. A estratexia terapéutica proposta polo equipo liderado por María Maýan ten por obxectivo transfomar o tratamento desta doenza crónica mediante o uso de terapias baseadas en péptidos que restauran a capacidade de rexeneración do tecido, e con potencialmente aplicables a otras enfermedades asociadas o envellecemento.
Ambos proxectos son candidatos na categoría de Bioidea Empresarial dos XI Premios Bioga, que serán entregados na gala que acollerá o Biopolo Sionllla de Santiago de Compostela o vindeiro 24 de xaneiro.