News
Entrevista con José Luis Legido, IP do Grupo de Física Aplicada 2
O catedrático José Luis Legido é un dos 9 IPs do grupo de Física Aplicada 2 no CINBIO e Presidente da Sociedade Galega de Peloides Termais. Actualmente está a cargo dunha liña de investigación centrada no seguemento do crecemento bacteriano mediante técnicas microcalorimétricas, analizando os efectos dos farmácos sobre as bacterias. Como resultado desta investigación, publicáronse once artigos científicos, un libro, tres teses xa rematadas e unha patente internacional en colaboración co Complexo Hospitalario de Vigo.
José Luis Legido conta con 4 sexenios, dirixiu 28 teses doutorais, 30 traballos fin de Máster, 28 proxectos de investigación como IP, 200 publicacións JCR, 60 libros ou capítulos de libro e participou en 200 congresos internacionais, sendo o seu índice h 26.
A formación do grupo
Todos os investigadores da rama de Física Aplicada das facultades de Bioloxía, Ciencias do Mar e Química están integrados no Grupo de Física Aplicada 2.
O grupo iniciou a súa actividade en 1992 liderado por Teresa Pérez Iglesias e o propio Legido, e todos os investigadores que se ían incorporando á área tamén se incorporaron ao grupo. A idea inicial era a de xerar un grupo transversal, multidisciplinar, con liñas de investigación propias relacionadas cos materiais, o medio ambiente, e outra liña de investigación importante vinculada coa biomedicina e a biofísica.
O persoal fixo do grupo confórmano 9 persoas, todos eles investigadores principais coas súas propias liñas de investigación. A súa vez, cada IP conta cun equipo de persoas no seu grupo, o que amplía o persoal do grupo a unhas 30 persoas.
A formación do persoal é moi multidisciplinar e móvese entre a física, a química, a farmacia ou a bioloxía. Así mesmo, o grupo de Física Aplicada 2 conta con 6 bolseiros predoutorais, así como outros bolseiros de tipo particular de entidades privadas e tamén contratos cos proxectos Europeos, do Ministerio ou da Xunta de Galicia.
A financiación do grupo
O grupo de Física Aplicada 2 é declarado Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia ata o 2019. Na actualidade ten en marcha 3 proxectos de investigación do Ministerio, 6 contratos de investigación e están pendentes da resolución de proxectos europeos, 2 redes nacionais e 2 redes autonómicas.
En canto á financiación europea, recentemente finalizaron 2 SUDOE (proxectos de ámbito territorial do sur de Francia, España e Portugal), un relacionado co medioambiente, especificamente no tratamento de augas con micro algas, e outro relacionado especificamente co desenvolvemento de termalismo.
Os seus principais indicadores
O principal indicador do grupo, segundo confirma José Luís Legido, é a produción científica, cunha media de 35 publicacións anuais JCR, o 90% dentro dos cuartiles Q1 e Q2. En canto a libros publican ao redor de 4/5 libros anualmente, e uns 10 capítulos de libros.
Por outro lado, a divulgación científica é moi relevante para o grupo chegando a realizar cada ano entre 4 ou 5 artigos de divulgación.
Ademáis, asisten anualmente a uns 50 congresos, nacionais e especialmente internacionais (máis de 30), e a feiras internacionais, destacando Termatalia, a feira de turismo termal, na que son membros oficiais.
Transferencia tecnolóxica
A capacidade de transferencia do grupo é outro dos puntos fortes do grupo, algo que se ve demostrado coa creación de 4 empresas de base tecnolóxica (EBT): Visia System, Peloides Termales SL, Energy Control, VITA SL.
En canto a proxectos de investigación que ten en marcha actualmente, existe un que segundo Legido pode ter potencial de transferencia: trátase dun proxecto de nanofluidos e a súa aplicación en paneis solares.
O grupo tamén ten unha patente internacional en colaboración co complexo hospitalario de Vigo: “Método e aparato para a detección de microorganismos”. Ademáis o grupo ten cerrados varios contratos de investigación con balnearios e distintas entidades.
As principais liñas de investigación do grupo
No presente, o grupo está a traballar en 14 liñas de investigación, unha das liñas principais está centrada na caracterización termofísica dos axentes para uso terapéutico en Balnearios, funcionando sobre todo con dous tipos de axentes: augas e peloides. Sobre augas, que empregan a auga do mar e auga mineral medicinal, colaborando con centros de talasoterapia e spas. Canto peloides, o seu uso aumentou nos centros termais que colaboran co grupo.
Prof. Legido tamén leva unha liña de investigación orientada ao estudo do crecemento bacteriano contra axentes externos, analizando os efectos das drogas, campos ou metais físicas externas.
Dr Verónica Salgueiriño traballa noutra liña principal de investigación centrada sobre o uso de nanopartículas magnéticas para procesos biocompatíveis. Hai cada vez máis o uso de drogas, que conteñen biopartículas magnéticos, e estas drogas podería ser administrado termo-terapéutica para o tratamento de moitas enfermidades, por exemplo cancro.
O CINBIO e o grupo de Física Aplicada 2
Para José Luis Legido, e para o seu grupo, o CINBIO representa un marco moi importante, xa que dentro da estrutura da propia Universidade de Vigo, cóntase cun importante centro de investigación biómedica.
Por outro lado, ao estar baixo o paraugas do CINBIO permítelles manter colaboracións con outros grupos do centro, como o de Biomarcadores Moleculares liderado por F. Javier Rodríguez Berrocal, o de Química Analítica e Alimentaria liderado por Ana Gago; ou o grupo de Nanotecnoloxía, liderado por Miguel Correa; entre outros.
Colaboracións destacadas
Máis alá do CINBIO, o grupo de Física Aplicada 2 ten importantes colaboracións, entre as que Legido destaca a do SERGAS dentro do Hospital Álvaro Cunqueiro. Por outro lado, dentro da Xunta de Galicia, teñen unha colaboración moi forte coa Dirección Xeral de Turismo, encargada de todo o relacionado co tema de turismo de saúde.
Así mesmo, teñen unha relación moi importante coa Asociación de Balnearios de Galicia e coa Asociación de Talasos de Galicia.