News
Que é máis denso: o xeo ou a auga? Saberías dicir se o ADN dunha persoa pode mudar?
Se tes curiosidade, isto te interesa!
Un ano máis, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, CINBIO, celebra o seu ciclo de divulgación científica "Ciencia con C de CINBIO" co principal obxectivo de dar a coñecer ao público xeral as investigacións e a ciencia que se está a levar a cabo na actualidade no centro, dando visibilidade ao traballo diario do #teamCINBIO.
O venres 15 de setembro chega o gran día!
Arredor das 16:00 horas, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) abrirá as súas portas para acoller unha visita moi especial nas súas instalacións do campus universitario de Vigo.
Arredor de 70 persoas poderán visitar ao longo de tres horas os distintos laboratorios do centro e participar en experimentos organizados polas investigadoras e investigadores do #teamCINBIO. Ademais, a visita incluirá catering e unha pequena xincana científica.
Para poder asistir é necesario reservar praza a través do formulario que atoparás máis abaixo. A túa reserva será confirmada por correo electrónico días antes do evento.
É de balde a para todos os públicos!