News
O pasado venres 28 de xuño tivo lugar a presentación do 'Plan Complementario de Biotecnología Aplicada a la Salud' (PCBAS) de Galicia. O evento, celebrado no Edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, contou coa presenza das investigadoras do CINBIO Verónica Salgueiriño e África González.
Tras o inicio do acto a cargo de Mabel Loza, Coordinadora para Galicia do 'Plan Complementario de Biotecnología'; Román Rodríguez, Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidad e FP; Raquel Yotti, Comisionada do 'PERTE para la Salud de Vanguardia'; e Josep Samitier , coordinador nacional do 'Plan Complementario de Biotecnología Aplicada a la Salud'; este evento de presentación tamén ofreceu uha sesión científica informativa enfocada aos proxectos colaborativos que se están a desenvolver desde Galicia dentro do PCBAS.
Ademais, ao longo da xornada, celebráronse unha serie de mesas redondas centradas nas diferentes liñas de actuación do PCBAS. Verónica Salgueiriño, líder do grupo de Nanomateriais Híbridos do CINBIO, participou na mesa redonda "Desarrollo de nanofármacos, biodistribución, toxicidad y acciones terapéuticas en modelos de patología".
Pola súa banda, África González, líder do grupo de Inmunoloxía do CINBIO, participou pola tarde na mesa redonda "Técnicas y procesos para terapias avanzadas y dirigidas, formación quirúrgica y robótica médica".
A través deste acto presentáronse oficialmente as accións de I+D+i promovidas desde a Comunidade Autónoma de Galicia dentro do plan de traballo estatal do PCBAS, centradas na visualización das capacidades biotecnolóxicas da Comunidade Autónoma. O ‘Plan Complementario de Biotecnología Aplicada a la Salud’ (PCBAS), está cofinanciado polo Ministerio de Ciencia e Innovación con fondos da Unión Europea NextGeneratioEU.