GL EN

News

11 October 2024Investigadores do grupo ORCHID do CINBIO visitan ao estudantado do Colexio Sagrada Familia de Aldán

Este venres, a investigadora Rosana Álvarez e o investigador Óscar Iglesias, ambos do grupo de Química Orgánica (ORCHID) do CINBIO, relizaron unha visita moi especial ao Colexio Sagrada Familia de Aldán, en Cangas do Morrazo. 

A visita formou parte dunha actividade sobre a igualdade de xénero no ámbito laboral, centrada neste caso no ámbito científico. As rapazas e rapaces de terceiro e cuarto de ESO tiveron a oportunidade de entrevistar en persoa á catedrática Rosana Álvarez. Ademáis, o investigador Óscar Iglesias realizou varios experimentos, como a demostración da síntese do nilon, para amosarlle ao alumnado en que consiste o traballo dun químico orgánico.

Foi unha xornada moi enriquecedora. Desde o CINBIO agardamos seguir achegando a ciencia dun xeito práctico e ameno ao estudantado da nosa contorna.