GL EN

News

04 November 2024IV Concurso de fotografía CINBIO (2024)

Un ano máis, o CINBIO lanza o seu concurso de fotografía científica, que vén celebrando por estas datas desde hai xa catro anos.

O IV Concurso de fotografía CINBIO (2024) é unha iniciativa promovida polo Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo co obxectivo de promocionar o traballo desenvolvido no centro a través de fotografías realizadas polo seu persoal investigador.

O propósito é achegar a ciencia á cidadanía xeral mediante unha visión artística e estética suxerida a través de fotografías científicas que conformarán o calendario CINBIO 2025. Con esta iniciativa tamén se trata de promover entre a comunidade científica a importancia de divulgar o seu traballo ao conxunto da sociedade.

Seleccionaranse 12 fotografías finalistas que conformarán o calendario CINBIO 2025, e as autoras ou autores das mesmas entrarán no sorteo de dous premios de formación* (a asistencia a un congreso, curso ou similar) valorada nun máximo 1000€. A maiores, tamén recibirán outro detalle relacionado co mundo da fotografía.

O prazo para presentar as obras estará aberto do 4 de novembro ao 18 de novembro de 2024 (12.00h)

Descarga as bases do concurso aquí.