News
Mercedes Peleteiro, responsable do servizo de citometría do CINBIO, visitou este mércores o IES Chapela (Redondela) para dar a súa charla: "Celiaquía, alerxias e intolerancias: Quen é quen?"
Arredor de 80 rapaces e rapazas de 1º e 2º de Bacharelato e do Ciclo de Dietética, puideron achegarse da mán da nosa investigadora a estes problemas alimenticios e así, definir estes conceptos que xeran bastante confusión na actualidade.
Desde o centro de investigacións CINBIO valoramos moito o traballo de divulgación do noso #teamCINBIO, sempre dispostos a espertar a curiosidade científica das rapazas e rapaces da nosa contorna.
Agardamos que fose unha moi boa experiencia para o alumnado do IES Chapela!