GL EN

News

10 September 2023Nanociencia e biomedicina: o futuro estúdiase xa en Vigo

A Universidade de Vigo estrea un doctorado en Nanociencia e Biomedicina impartido plenamente no prestixioso CINBIO, referencia internacional no mundo da investigación. A inscrición está aberta a estudantes que queiran completar a súa formación de posgrao nas punteiras instalacións da institución.

A investigación é un dos motores do desenvolvemento económico, social e cultural dun país. España destaca en investigacion, grazas, sobre todo, ao impulso de institucións como o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO), pertencente á Universidade de Vigo. Arredor de 175 persoas (entre profesorado, persoal investigador, técnico e de xestión) conforman este centro, que conta con 19 grupos volcados no estudio dos nanomateriais (Propiedades ópticas e catalíticas, Propiedades magnéticas e térmicas, e Propiedades de transporte) e biomedicina (Biomarcadores, Terapias avanzadas e Bases moleculares).

Máis información nesta reportaxe publicada en elpais.com