GL EN

News

13 December 2022O CINBIO consegue preto de 700.000 € no acordo coa Xunta de Galicia para o financiamento dos Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (CIGUS)

Dos preto de 1,4 millóns de euros que a Xunta de Galicia destinará aos centros de investigación acreditados da Universidade de Vigo, o centro de investigacións CINBIO recibirá 690.972 euros, unha axuda que reafirma o compromiso do centro e que lle permitirá manter a súa actividade investigadora. Trátase dunha contía calculada para 10 meses, ata o momento no que se publique a nova convocatoria de axudas e tendo en conta a avaliación cualitativa do seu funcionamento actual.

En total son oito os centros acreditados que se beneficiarán da inxección económica do goberno galego: o CIQUS (Centro Singular de Investigación en Quimica Biolóxica e Materias Moleculares), CIMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular), CITIUS (Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes) e IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) da Universidade de Santiago; o CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da Universidade de A Coruña e CINBIO, atlanTTic e CIM da Universidade de Vigo. 

Podes ampliar esta información nos seguintes artigos publicados por diferentes medios de comunicación: