GL EN

News

22 November 2023O CINBIO participa no Fórum de Investigación en Braga

A líder do Laboratorio de Enfermidades Raras e subdirectora do CINBIO, Diana Valverde, participou hoxe no Fórum de Investigación promovido pola Universidade de Vigo xunto coa Universidade do Miho co obxectivo de dar a coñecer os seus proxectos en 11 áreas científicas e profundizar nas presentes e futuras oportunidades de cooperación.

O evento, que tivo lugar na Escola de Medicina da Universidade do Minho, en Braga, contou na sesión de apertura coa intervención da vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Belén Rubio, e o seu homólogo da UMinho. Pola súa banda, Diana Valverde foi a encargada de presentar os proxectos o noso persoal investigador desenvolver no ámbito da Biomedicina.

A subdirectora do CINBIO Diana Valverde durante a súa presentación

Ademáis, como parte do fórum, lanzouse unha convocatoria de financiamento de proxectos entre grupos de investigación de ambas universidades e tamén se realizaron sesións paralelas para debater sobre proxectos conxuntos.