News
Un ano máis, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) formou parte do Fórum Internacional RIES 23, o evento clave no mundo do ecosistema de innovación sanitario galego, organizado polo Cluster Saúde de Galicia e no que expertos tanto nacionais como internacionais dos sectores sanitarios, sociosanitarios e do ámbito da informática e as novas tecnoloxías abordan as oportunidades e os retos que presenta este sector estratéxico.
Ao longo das dúas xornadas que durou o evento, celebrado nesta ocasión o 8 e o 9 de novembro en Vigo baixo o lema "Ecosistemas innovadores de saúde", a nosa compañeira e responsable da Área de Transferencia, Pilar Montes, estivo presente en representación do CINBIO, formando parte do stand da Universidade de Vigo, para presentar o portfolio coa nosa oferta de I+D e os resultados obtidos ata o momento.