GL EN

News

13 June 2024O CINBIO participa nos Galicia Biodays para amosar o seu potencial biotecnolóxico

O CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, está a participar esta semana nos Galicia Biodays, o foro de referencia da industria biotecnolóxica para o Espazo Atlántico Europeo, organizado polo clúster Bioga. Neste evento, que comezou este mércores e conTinuará ao longo da xornada de hoxe no Auditorio Mar de Vigo, a CINBIO está presente no posto informativo da Universidade de Vigo, xunto coa Oficina de I+D e os diferentes centros de investigación da institución, para amosar o seu potencial no eido biotecnolóxico, coa finalidade de potenciar a transferencia do coñecemento e xerar novos proxectos.

O CINBIO presente no posto informativo do Universidade de Vigo

Ademais do posto informativo, a responsable de comunicación do CINBIO, Noel Queipo, participou este mércores na mesa redonda "Transparencia, confidencialidad y estrategia: El desafío de comunicar en el sector biotech" dentro do espazo BioTalent, xunto a outros profesionais do sector como Beatriz Díaz, directora de Comunicación & Global Brand en Zendal; Verónica Fuentes, responsable da Sección de Salud na axencia SINC e Pablo López, director de GCiencia; baixo a moderación da xornalista especializada en Comunicación Institucional e Científica, Beatriz González.

Noel Queipo na mesa redonda sobre os desafíos de comunicar no sector biotech

Na xornada do hoxe a investigadora e líder do grupo CellCOM do CINBIO, María D. Mayán, realizará un pitch dos resultados do seu traballo, concretamente, sobre como vencer a farmacorresistencia no cáncer dende un enfoque innovador. Será no espazo BioInvestor a partir das 11:45 horas da mañá.

Fonte: DUVI