News
O Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo foi o protagonista da última edición dos 'Diálogos MATERPLAT', unha serie de vídeos cos que a Plataforma Tecnológica Española de Materiais Avanzados y Nanomateriais (MATERPLAT) pretende difundir o traballo desenvolvido polas diferentes entidades socias e que forman parte do sistema de innovación nacional no ámbito dos materiais e nanomateriais.

A través dun breve vídeo, o director do CINBIO, Miguel Correa, tivo a oportunidade de presentar o centro que dirixe como un centro de investigación multidisciplinar, referente mundial nos campos dos nanomateriais e a biomedicina.
Desde o CINBIO agradecemos moito esta oportunidade que MATERPLAT brinda aos seus socios.