News
O proxecto europeo Twinflag promove actividades como xornadas científicas para fomentar o desenvolvemento de novas colaboracións e ideas entre o persoal investigador do consorcio e os seus centros de investigación. A próxima xuntanza no marco deste proxecto europeo terá lugar entre o 11 e o 15 de xuño na Universidade de Vigo e no seu Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO), baixo a organización do grupo CellCOM, liderado no mesmo centro pola investigadora María Mayán.
O encontro inclúe unha axenda de actividades abertas á comunidade universitaria da UVigo:
- A xornada “Meet the Experts” terá lugar o 13 de xuño na sala de seminarios de Torre CACTI:
- Na mañá do 14 de xuño, a sala de seminarios de Torre CACTI acollerá a "Twinflag Conference":
- O evento concluirá o 14 de xuño no Edificio Redeiras cunha sesión de tarde na que, ademais dos socios do proxecto Twinflag, participará o director do CINBIO Miguel Correa, co fin de fomentar o intercambio de experiencias e promover futuras colaboracións.
Todas as sesións estarán abertas ao público, ofrecendo unha oportunidade única para que o persoal investigador da Universidade de Vigo coñeza o traballo que se realiza nos diferentes grupos de investigación e participe en discusións sobre os últimos avances en biomedicina.