GL EN

News

19 May 2024O proceso de envellecemento, protagonista do novo artigo de África González en The Conversation

A líder do grupo de Inmunoloxía do CINBIO, África González Fernández, acaba de publicar un novo artigo divulgativo na coñecida plataforma de divulgación científica The Conversation España

A través dun artigo dirixido ao público xeral, a investigadora do CINBIO presenta un tema de gran interese para o coñecemento científico: o entendemento do proceso de envellecemento co fin de ralentizalo ou, incluso, evitalo. "Unha misión que pode compararse coa carreira espacial, o proxecto do xenoma humano, a loita contra o cancro, o estudio do cerebro ou a intelixencia artificial", sinala África González.

Podes ler o artigo completo nesta ligazón.