News
Persoal investigador do grupo de NanoBioMateriais Funcionais (FunNanoBio) do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, asesora ao equipo de UVigo SpaceLab, coordinado por Manuel Diz, na posta a punto do ensaio biolóxico da misión BIXO, o quinto satélite da Universidade de Vigo que será lanzado cun experimento a bordo en 2024. Trátase dun proxecto selecccionado polo programa Fly Your Satellite! da European Space Agency (ESA).
O asesoramento das científicas e científicos de FunNanoBio céntrase na formación e asesoramento relativo ao deseño do experimento que irá a bordo do satélite. Ademais, as probas dos prototipos estanse a desenvolver nos laboratorios do CINBIO.
Desde o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, agradecemos moito poder formar parte deste proxecto.
Podes saber máis sobre a misión BIXO nesta nova do Faro de Vigo.