GL EN

News

07 November 2023Persoal investigador do CINBIO deseña un método estatístico para detectar que liñaxes celulares evolucionan máis rápido

Persoal investigador do grupo de Filoxenómica do CINBIO, liderado polo catedrático de Xenética e investigador David Posada, e da Escola Politécnica Federal (ETH) de Zurich deseñaron un método estatístico que permite detectar por primeira vez que liñaxes celulares evolucionan máis rápido que o resto. En palabras do investigador do CINBIO David Posada, trátase da primeira ferramenta que permite detectar estas variacións a partir da secuenciación de xenomas de células individuais.

Os resultados deste traballo recóllense nun artigo publicado na revista científica Cell Genomics, que asinan, xunto a Posada, os investigadores da ETH e do Swiss Institute of Bioinformatics Nico Borgsmüller, Jack Kuipers e Niko Beerenwinkel, así como a tamén investigadora do CINBIO Monica Valecha. 

O artigo publicado en Cell Genomics recolle así mesmo os resultados acadados polo equipo investigador na súa posta a proba con datos reais usando unha ferramenta bioinformática desenvolta por eles mesmos. Esta análise levouse a cabo con 24 mostras de tecidos, tanto cancerosos como sans e en ambos casos a metodoloxía deseñada permitiu detectar esas variacións na taxa evolutiva das liñaxes celulares, e nalgúns casos, as posibles mutacións responsables deses cambios. Nese senso, partindo do feito xa coñecido de que no cancro existen liñaxes que acumulan mutacións máis rápido que as de células sans, esta metodoloxía permitiu constatar que “dentro do propio cancro, existen tamén liñaxes que evolucionan máis rápido que outros”, o que podería ser de utilidade á hora de estudar “cancros máis agresivos ou resistentes aos tratamentos”. 

Fonte: DUVI

Esta nova foi publicada en varios medios de comunicación: