GL EN
Twitter bSky

News

15 October 2025V Concurso de fotografía CINBIO (2025)

Un ano máis, o CINBIO lanza o seu concurso de fotografía científica, que nesta ocasión chega á súa quinta edición.

O V Concurso de fotografía CINBIO (2025) é unha iniciativa promovida polo Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, e pertencente á Rede CIGUS, co obxectivo de promocionar o traballo desenvolvido no centro a través de fotografías realizadas polo seu persoal investigador.

O propósito é achegar a ciencia á cidadanía xeral mediante unha visión artística e estética suxerida a través de fotografías científicas que conformarán o calendario CINBIO 2026. Con esta iniciativa tamén se trata de promover entre a comunidade científica a importancia de divulgar o seu traballo ao conxunto da sociedade.

Seleccionaranse 12 fotografías finalistas que conformarán o calendario CINBIO 2026. A fotografía gañadora do concurso obterá como premio unha formación* (a asistencia a un congreso, curso ou similar) valorada en 1000 €*. Ademais, as 11 persoas finalistas restantes entrarán no sorteo dun premio de iguais características.

prazo para presentar as obras estará aberto do 15 de outubro ao 10 de novembro de 2025 (12.00h)

Descarga as bases do concurso aquí

O CINBIO é un centro de investigación cofinanciado con fondos FEDER e adscrito á rede de centros CIGUS (Centros de Investigación del Sistema Universitario de Galicia), promovida e financiada pola Xunta de Galicia.

#teamCINBIO #FondosEuropeos #CIGUS