GL EN

Oferta de 1 contrato predoutoral no grupo EQ-2 (Proxecto BIOPLATFUN) - Ref:PID2020-116717RB-I00

Oferta de 1 contrato predoutoral no grupo EQ-2 (Proxecto BIOPLATFUN) - Ref:PID2020-116717RB-I00

Start Date: 01 December 2021
End Date: 21 December 2021
1300€ brutos/mes aprox.
Tempo completo

O grupo de investigación EQ2 da Universidade de Vigo oferta un contrato predoutoral de investigación ao amparo do proxecto BIOPLATFUN (PID2020-116717RB-I00), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

Condicións:

  • Duración: 15/01/22-30/06/22 a tempo completo.
  • Retribución: 1300 euros brutos/mes aprox.
  • Posibilidade de renovación.
  • Lugar de traballo: Facultade de Ciencias (Ourense).
  • Finalidade: Desenvolvemento de procesos de biorrefinería.

Requisitos:

  • Grao en Enx. Química / Enx. en Química Industrial / Química / C. T. Alimentos
  • Bo expediente académico.
  • Interese na realización dunha tese doutoral.

Criterios de selección:

  • Expediente académico (grao, mestrado).
  • Experiencia en investigación en biorrefinerías (publicacións, congresos, etc.)
  • Data de graduación. Preferiblemente graduados con data posterior a 01/01/2019.
  • Nivel de inglés.
  • Outros méritos.
  • Entrevista persoal (se fora necesario).

Presentación de solicitudes e prazo:

  • Mediante correo electrónico á seguinte dirección: biodesost@uvigo.es
    • Deberase incluír CV (en pdf) e expediente académico.
    • Prazo de presentación: ata o 21 de decembro de 2021.

 

O proceso selectivo será resolto por unha Comisión formada por 3 membros do grupo EQ-2, nos prazos establecidos pola normativa da UVigo. Comunicarase a todos os candidatos a resolución desta etapa e se convocará, no caso de empate, a unha entrevista persoal aos seleccionados/as. Tras iso, comunicarase a decisión definitiva ao candidato/a seleccionado e aos que aparezan na lista de reserva.

Lista de admitidos e excluídos

Lista definitiva de admitidos e excluídos

Resolución provisional

Resolución definitiva