Expresión de interese - Técnico/a investigador/a en machine learning e ciencia de datos
Expresión de interese - Técnico/a investigador/a en machine learning e ciencia de datos
Iniciase o procedemento de preselección de candidaturas para unha praza de técnico/a investigador/a en machine learning e ciencia de datos. Esta praza xestionada por CESGA terá o seu lugar de traballo no CINBIO co grupo Nanomateriais Biomiméticos, aínda que está englobada no proceso selectivo para contratar varios investigadores/as e técnicos/as para o Demostrador Multisectorial DATAlife (Espazo de Datos).
As bases das prazas publicaranse próximamente. Se estás interesada ou interesado, envía o teu cv a cinbio.dir.ugestion@uvigo.gal.
O obxectivo é crear un Espazo de Datos que permita a colaboración entre os axentes do ecosistema biosanitario. O proxecto facilitará a explotación de datos para a investigación, e definirá os sistemas de gobernanza que permitirán no futuro a utilización dos datos por empresas e axentes públicos do ecosistema. Se tes interese na investigación no campo biosanitario ou agroalimentario, na ciencia de datos ou en técnicas avanzadas de explotación de datos e a Intelixencia Artificial, esta é a túa ocasión de participar nun dos primeiros grandes proxectos público-privados nesta área de vangarda. Buscamos investigadores/as de campos biosanitarios e de Datos e Intelixencia Artificial que colaboren entre si para deseñar os sistemas de compartición e explotación de datos que usará o ecosistema biosanitario e agroalimentario no futuro.
_________
The pre-selection process for candidates is underway for a research technician position in machine learning and data science. This position, managed by CESGA, will be based at CINBIO with the Biomimetic Nanomaterials Lab, although it is part of the selection process to hire several researchers and technicians for the Multisectoral DATAlife Demonstrator (Data Space).
The job descriptions and requirements will be published soon. If you are interested, please send your CV to cinbio.dir.ugestion@uvigo.gal.
The goal is to create a Data Space that fosters collaboration among agents in the biosanitary ecosystem. The project will facilitate data exploitation for research and define governance systems that will allow data to be utilized by companies and public agents in the ecosystem in the future. If you are interested in research in the biosanitary or agri-food fields, data science, advanced data exploitation techniques, or Artificial Intelligence, this is your chance to participate in one of the first major public-private projects in this cutting-edge area.
We are looking for researchers from biosanitary fields and Data and Artificial Intelligence to collaborate in designing the data-sharing and exploitation systems that the biosanitary and agri-food ecosystem will use in the future.