GL EN

Inmunoloxía - Doutoramento ou TFM en INMUNO-ONCOLOXÍA (expresión de interese)

Inmunoloxía - Doutoramento ou TFM en INMUNO-ONCOLOXÍA (expresión de interese)

Start Date: 01 September 2024
End Date: 30 November 2024
Obligación solicitar beca (candidatos a Phd)
-

ÚNETE AO NOSO EQUIPO PARA FACER UN DOUTORAMENTO OU TFM EN INMUNO-ONCOLOXÍA

Esta é unha oportunidade para desenvolver a túa tese de doutoramento ou traballo fin de máster (TFM) no Grupo de Inmunoloxía do Centro de Investigacións en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) de Vigo (España).

Buscamos un estudante que estea ilusionado por desenvolver a súa carreira no campo da inmuno-oncoloxía e que teña un expediente académico competitivo para solicitar unha bolsa nacional (FPU) ou autonómica (Xunta). O candidato debe estar en posesión dun grao e un máster nunha disciplina relacionada coas Ciencias da Vida (bioloxía, bioquímica, farmacia, etc.). Os estudantes de último ano de máster que busquen un grupo para realizar o seu TFM tamén poden presentar a súa solicitude.

O Proxecto céntrase no desenvolvemento dunha terapia combinada para mellorar o tratamento do cancro de páncreas, utilizando enfoques moleculares e inmunoterapéuticos. As terapias probaranse en modelos preclínicos avanzados como son os Organoides Derivados do Paciente (PDOs). Esta é unha excelente oportunidade para traballar nun campo moi activo como o da oncoloxía, en colaboración cunha rede nacional e internacional de excelencia.

 Para máis información e solicitudes, enviar un correo electrónico a rosana.simon@uvigo.gal e inmunologia@uvigo.gal.

_______________

JOIN OUR TEAM AS PhD CANDIDATE IN IMMUNO-ONCOLOGY

This is an opportunity to develop your PhD or master thesis (TFM) at the Immunology Group in the Center for Research in Nanomaterials and Biomedicine (CINBIO) in Vigo (Spain).

We are seeking a student who is eager to develop their career in the field of Immuno-Oncology and has a strong academic record to apply for a national or regional fellowship. The candidate must hold a degree and a master's in a Life Science-related discipline (biology, biochemistry, pharmacy, etc.). Students in the final year of their master's degree who are looking for a group to conduct their master's thesis are also welcome to apply.

The Project focuses on the development of and combined therapy to improve the treatment of pancreatic cancer, using molecular and immunotherapeutic approaches. The therapies will be tested in advanced preclinical models such as Patient Derived Organoids (PDOs). This is an excellent opportunity to work in a very active oncology field in collaboration with a national and international network of excellence.

For more information and application please send an email to rosana.simon@uvigo.gal and inmunologia@uvigo.gal.