GL EN

Inmuno - Contrato persoal de apoio á investigación ORALBOOST

Inmuno - Contrato persoal de apoio á investigación ORALBOOST

Start Date: 23 July 2021
End Date: 27 July 2021
1300€ brutos/mes
Tempo parcial (30 horas/semana)

O grupo de Inmunoloxía da Universidade de Vigo (IN1) oferta un contrato de persoal de apoio á investigación. 

 

Liña de investigación: DESENVOLVEMENTO DE NOVAS VACINAS ORAIS EN PEIXES E ESTUDO DA SÚA EFICIENCIA (ORALBOOST)"

Condicións contractuais: - Categoría: persoal investigador

- Tipo de contrato: tempo parcial (30 horas semanais).

- Duración: 6 meses (prorrogables).

- Retribución bruta mensual: 1300 €.

- Lugar de traballo: Laboratorio de Inmunoloxía. Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO), Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo

Requisitos dos/as candidatos/as:

–        Estudos superiores finalizados de Bioloxía ou titulacións afíns.

–        Experiencia en técnicas inmunoquímicas e cultivos celulares.

–        Experiencia en manipulación de mostras de organismos acuáticos mariños.

–        Dispoñibilidade para incorporación inmediata.

–        Bo nivel de inglés.

 

A selección realizarase en base a:

–        Curriculum vitae.

–        Tipo de titulación que se acredita.

–        Experiencia en técnicas inmunoquímicas e cultivos celulares.

–        Experiencia en traballos con organismos acuáticos mariños.

–        Coñecementos de Inmunoloxía.

–        Coñecemento de idiomas, preferiblemente inglés.

–        Historial laboral (no seu caso).

–        Outros méritos.

–        Entrevista persoal (no caso de ser necesaria).

 

Documentación que debe presentar o/a solicitante:

–        Expediente académico.

–        Curriculum vitae.

 

Lugar de presentación:

Enviar documentación por correo electrónico a: inmunologia@uvigo.es, indicando a referencia CV_ORALBOOST_PRIMER APELIDO_NOMBRE no asunto da mensaxe.

 

Comisión de selección: O proceso selectivo será resolto por unha Comisión formada por membros do grupo de investigación, no prazo máis breve posible. Aos/ás candidatos/as que presenten un perfil adecuado para o contrato, poderáselles convocar a unha entrevista persoal, no caso de considerarse necesario. No caso de que a avaliación non sexa satisfactoria, a comisión poderá declarar deserto o contrato. 


 Data límite de recepción de candidaturas27 de xullo de 2021