GL EN

TNT - Investigador/a predoutoral dentro do proxecto "Desenvolvemento dunha estratexia sensora baseada en plasmónica para a monitorización de nanocontaminantes en ambientes mariños"

TNT - Investigador/a predoutoral dentro do proxecto "Desenvolvemento dunha estratexia sensora baseada en plasmónica para a monitorización de nanocontaminantes en ambientes mariños"

Start Date: 01 February 2022
End Date: 16 February 2022
1300€ brutos/mes
Tempo completo

Contratación dun/a Investigador/a Predoutoral para o grupo TeamNanoTech CINBIO - Campus Vigo, enmarcado dentro do proxecto “Desenvolvemento dunha estratexia sensora baseada en  plasmónica para a monitorización de nanocontaminantes en ambientes mariños“

Ref.  PID2020-113704RB-I00, financiado polo  Ministerio de Ciencia e Innovación de España na convocatoria Proxectos I+D+i “Retos de Investigación”.

 
REQUISITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS:

- Licenciado/a/Graduado/a en Química.

- Mestrado en áreas relacionadas coa Química.

- Nivel de inglés alto (oral e escrito).

- Capacidade de traballo en equipo e alta motivación. 

- Valorarase a experiencia no traballo con membranas de filtración para contaminantes mariños.


 
CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO:

- Tipo de contrato: contrato por xornada completa (40 horas semanais).

- Duración estimada: 12 meses (renovable 24 meses).

- Data estimada de inicio do contrato: será negociable en función da situación persoal do candidato/a, preferentemente marzo 2022.

- Retribución:  1.300 euros brutos mensuais.

- Lugar de traballo: CINBIO - Universidade de Vigo, Campus Lagoas-Marcosende.


 
PROCESO DE SELECCIÓN:

Realizarase en base ao expediente académico, CV  e entrevista .

As/os candidatos/as mellor valorados serán entrevistados/as.

O proceso selectivo será resolto por unha comisión formada polo coordinador do grupo e dous membros do grupo de investigación.

Os/as interesados/as deberán enviar unha breve carta de motivación xunto ao  seu  CV en formato pdf e 2 contactos de referencia á dirección de e-mail macorrea@uvigo.es indicando no asunto: TNT-PhD Position.


DATA LÍMITE DE RECEPCIÓN DE CANDIDATURAS: 16 DE FEBREIRO ÁS 10:00 PM


O/a candidato/a seleccionado/a e a lista de reserva serán notificados/as.