GL EN

TNT - Oferta tese de doutoramento LIGHTtoGAS

TNT - Oferta tese de doutoramento LIGHTtoGAS

Start Date: 09 July 2021
End Date: 30 July 2021
1500€ brutos/mes
Tempo completo

Oferta de traballo. Estudante de doutoramento no Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO), na Universidade de Vigo (https://cinbio.es).

Este contrato está enmarcado dentro do proxecto “LIGHTtoGAS: Modelos multiescala para o deseño de fotocatalizadores plasmónicos”, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación de España na convocatoria Proxectos I+D+i “Retos de Investigación”.

Descrición.  A persoa contratada traballará no modelado computacional, empregando métodos numéricos de primeiros principios, de reaccións químicas de interese para o desenvolvemento dunha sociedade sostible. Este traballo está contextualizado no desenvolvemento de novos métodos teóricos para optimizar estratexias fotocatalíticas empregando nanoestruturas de distintos materiais, co obxectivo de empregar de modo eficiente a enerxía solar para promover tales reaccións químicas. A persoa contratada traballará nun proxecto de investigación cun gran potencial de impacto científico e tecnolóxico, a cabalo entre a física e a química, polo que terá que interactuar e colaborar con outras investigadoras con perfís diversos, tanto no CINBIO como internacionalmente.

Perfil desexado. Persoa cun mestrado en física, química, matemáticas, enxeñería ou outras disciplinas científicas cunha carga matemática significante, cun expediente académico competitivo, un bo nivel de inglés (oral e escrito) e motivada pola investigación. A familiaridade coa Teoría do Funcional Densidad e nocións de química cuántica serán apreciadas, pero non son indispensables.

Condicións laborais. Contrato a xornada completa (40 horas por semana) cunha retribución bruta mensual de 1.500 € e con 12 pagas anuais. A duración inicial do contrato é de 4 meses, prorrogable ata un total de 3 anos. A data de incorporación estará entre o 15 de setembro e o 1 de outubro de 2021.

Selección. O proceso de selección levarase a cabo por unha comisión formada por tres investigadores do centro de investigación CINBIO.

As persoas interesadas deberán enviar unha breve carta motivando o seu interese, o seu CV completo en formato PDF e dous contactos de referencia a lucas.v.besteiro@uvigo.es. Consideraranse en igualdade de condicións todas as solicitudes recibidas antes do fin do 30 de xullo de 2021.

Acerca do centro. O centro de investigación CINBIO é un espazo formado por máis de 200 persoas: profesores/as, doutores/as, estudantes de doutoramento e técnicos/as de laboratorio. Unha aposta da Universidade de Vigo para desenvolver o ámbito médico e biotecnolóxico cun elemento diferencial con respecto a outros centros de similares características: o seu carácter multidisciplinario. Contamos con investigadores e investigadoras do máis alto nivel en varias disciplinas: medicina, bioloxía, química, física e informática.

Ademais de coa excelencia científica, CINBIO está comprometido coa igualdade de xénero. Pódese consultar o Plan de Igualdade do centro en https://cinbio.es/igualdade



ACTUALIZACIÓNS:
2 agosto 2021  
RESOLUCIÓN PROVISIONAL - CANDIDATOS