Events
CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, celebra o seu décimo aniversario como Centro de Excelencia da Rede CIGUS.

Un encontro para conmemorar unha década ao servizo da investigación de vangarda.
O acto terá lugar no auditorio da Sede Afundación Vigo, a partir das 19.00 horas do mércores 9 de decembro de 2026. Ao remate servirase un ágape para todas as persoas asistentes.
Prégase confirmar asistencia antes do 1 de decembro a través do seguinte formulario.
* Só as persoas con invitación confirmada poderán asistir.