Events
O venres 6 de novembro de 2026, a Dra. Carmen Martínez Domínguez, investigadora especializada en nanotecnoloxía e biomateriais (Institute for Biological Interfaces (IBG-1), Karlsruhe Institute of Technology - KIT, Alemaña) ofrecerá o seminario "Exploring receptor clustering effects on cellular behaviour using DNA origami nanostructures" dentro do ciclo CINBIO Seminar Programme.
Será ás 13:30 horas na Sala de Audiovisuais do CINBIO.

Durante a conferencia presentará o traballo desenvolvido polo seu grupo no deseño de novos nanomateriais para aplicacións biomédicas, con especial atención ao uso de tecnoloxías baseadas en ADN para controlar procesos celulares e desenvolver novas estratexias terapéuticas e inmunoterapias.
SHORT BIO:
A Dra. Carmen M. Domínguez desenvolve a súa actividade investigadora no Institute for Biological Interfaces (IBG-1) do Karlsruhe Institute of Technology (KIT, Alemaña), onde lidera a súa investigación no ámbito da nanotecnoloxía de ADN. A súa traxectoria combina biofísica, biomateriais, microfluídica e bioloxía celular, con un especial interese no deseño de nanoestruturas de “origami de ADN” capaces de organizar moléculas con precisión nanométrica.
Foi beneficiaria dunha Alexander von Humboldt Research Fellowship e desenvolveu traballos pioneiros utilizando nanoestruturas de ADN como interfaces biomiméticas para estudar e controlar a sinalización celular. Entre as súas investigacións recentes atópase o estudo da organización espacial e o clustering de receptores de membrana, como EGFR, mediante estruturas de origami de ADN e plataformas microfluídicas.
Estas aproximacións permiten explorar como a organización de moléculas a escala nanométrica pode modificar a resposta celular e abren novas posibilidades para o desenvolvemento de nanomateriais funcionais, sistemas de administración molecular e inmunoterapias de nova xeración.