GL EN
Twitter bSky

Events

Ciencia con C de CINBIO 2025 - Xornada de Portas Abertas 12 September 2025 CINBIO. Campus Universitario de Vigo.

Ven coñecer a 'Ciencia con C de CINBIO'!

Un ano máis, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO) celebra o seu ciclo de divulgación científica "Ciencia con C de CINBIO" co principal obxectivo de dar a coñecer ao público xeral as investigacións e a ciencia que se está a levar a cabo na actualidade no centro, dando visibilidade ao traballo diario do #teamCINBIO.

Se tes curiosidade e queres experimentar coa ciencia, esta é a túa oportunidade!

Ciencia na rúa - Vigo

Para ir quentando motores, estaremos a pé de rúa!

O martes 9 de setembro de 16:30 a 20:30 horas estaremos no centro comercial A Laxe cunha carpa informativa e lúdica chea de curiosidades científicas, xogos e algunha que outra sorpresa. 

Búscanos a carón da entrada da planta baixa do centro comercial, preto das terrazas, e poderás coñecer de preto ás científicas e científicos de grupos de investigación como o de Biomasa e Desenvolvemento Sostible (EQ-2) e o de Evolución Molecular Computacional (CME), que ofrecerán ao público vigués experiencias tan interesantes como a formulación de divertidos biomateriais en diferentes formatos, desde esferificacións ata xeles de cores, ou xogos cos que explicarán dun xeito sinxelo como funciona  a evolución dos organismos.

Xornada de Portas Abertas do CINBIO - visita o centro de investigación

venres 12 de setembro a partir das 16:00 horas CINBIO celebrará unha xornada de portas abertas na que poderás visitar as nosas instalacións do campus universitario de Vigo. Unha actividade de balde e para todos os públicos, na que será necesario reservar praza.

Máis información en https://cinbio.es/cienciaconcdecinbio/

Trátase dunha iniciativa cofinanciada pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea (Fondos FEDER).

Co obxectivo de que este evento siga medrando e mellorando ano tras ano, resulta moi valioso para nós coñecer as vosas impresións e propostas. Por iso, animámosvos a completar esta breve enquisa de satisfacción:

Cuestionario de satisfacción portas abertas CINBIO 2025

Cuestionario de satisfacción portas abertas CINBIO 2024










Observacións, suxestións, etc.
(Opcional)
A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para o uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artigo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de protección de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade do CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Máis información en: