Events
O curso de Introdución á Citometría de fluxo terá lugar no CINBIO os días 2, 3, 10 e 11 de abril (programa aquí), cun aforo máximo de 20 persoas, tendo preferencia o persoal do CINBIO. A formación contará cunha parte teórica e outra parte práctica, nas que se tocarán aspectos tanto de citometría analítica como citometría sorting.
O curso terá o seguinte custo, en función das tarifas segundo tipo (consultar tarifa aquí):
• Usuarios tipo A (Universidade de Vigo): 72.59 euros
• Usuarios tipo B (organismos públicos de investigación): 145.18 euros
• Usuarios tipo C (empresas privadas ou centros de investigación privados): 329.28 euros
O pago farase a través da plataforma LIMS e as indicacións para facelo recibiranse unha vez realizada a inscrición.
Aquelas persoas interesadas en obter máis información, poden contactar directamente con Mercedes Peleteiro, responsable do servizo de citometría do CINBIO en mpeleteiro@uvigo.es.
Prazas completas.